Desde hoxe e ata o 22 de Marzo tedes a VII edición do Festival Manicómicos
O VII Festival Internacional de Teatro Manicómicos xa está aquí na súa edición de sala. Os espectáculos máis destacados do panorama internacional, as estreas de novas promesas do panorama artístico galego, as mellores obras dos grupos máis consagrados, … e todo isto nas mellores salas de teatro da cidade.
O festival contará coa participación estelar de Yllana, coa súa nova obra “Brokers” e o televisivo Pepe Viyuela con “Encerrona”. O teatro galego terán tamén un espazo destacado, coa estrea de “O forno” de Elefante Elegante, os consagrados San&saN coas vellas do Luar, e as súas “desventuras, e cun espectáculo de produción propia como é “Deprimidos ao río”. Mención especial merece a “Gran gala”, un divertido e variado espectáculo de variedades que sorprende ano tras ano e que xa se converteu na esencia mesma do festival. E para os máis peques tamén haberá butacas reservadas, con “Pa cama” de Katarsis.
O Teatro Rosalía de Castro e o Forum Metropolitano convertiranse por uns días en máxicos espazos de humor e diversión grazas á programación que a Asociación Cultura Manicómicos ten reservada neste o seu VII Festival.
É para vós, que o disfrutedes!
Máis información na web www.manicomicos.org.
Descarga da programación do festival en formato pdf.






Comentarios recientes