A Consellería de Sanidade a través da Dirección Xeral de Saúde Pública detectou hoxe un suposto caso de afección por este cadro gripal na nosa comunidade.
O suposto caso corresponde a unha muller nova, residente na provincia de Ourense, e que está ingresada no Complexo Hospitalario de Ourense. A súa situación clínica non reviste gravidade e está a ser xa tratada cos antivíricos indicados polos protocolos de actuación da OMS e o Ministerio de Sanidade e Política Social.
Ademais, o caso do varón de mediana idade, residente na provincia de Pontevedra, e que permanece ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, continúa pendente da confirmación das análises por parte do Centro Nacional de Microbioloxía de Madrid. A súa situación clínica non reviste gravidade.
A relación do total de casos por hospitais é a seguinte:
COMPLEXOS HOSPITALARIOS PERSOAS EN INVESTIGACION CONFIRMADOS
A/H1N1 ORIXE PORCINA DESCARTADOS
A CORUÑA
ARQUITECTO MARCIDE
SANTIAGO
BARBANZA
CEE
PONTEVEDRA
VIGO 1
SALNÉS
XERAL-CALDE
BURELA
MONFORTE
OURENSE 1
VERÍN
VALDEORRAS
Por outra banda, a Comisión Europea acaba de comunicar que o nome máis apropiado para denominar a esta enfermidade, en relación ao virus A/H1N1 de orixe porcina, é “nova gripe”. Deste modo preténdense evitar consecuencias ou danos innecesarios na industria porcina.
Os servizos sanitarios de Galicia continúan co seguimento coordinado e pormenorizado da situación. A Consellería de Sanidade dispón do teléfono de información 902 400 116, para clarexar calquera dúbida coa gripe porcina.
Para máis información: www.sergas.es ou www.msps.es
Enlace al comunicado.
Por el momento en A Coruña no hay ningún posible caso de gripe porcina, en Ourense y Vigo se estudian dos posibles casos. Mientras tanto en España ya son 4 casos los confirmados.
Comentarios recientes