Matalobos a nova serie da televisión de Galicia esta ambientada en A Coruña e a súa área metropolitana
Nesta nova serie que comeza esta noite podemos ver os seus protagonistas realizando descargas de droga en praias de Arteixo, dando paseos por Mera, entrando na súa casa de Cambre ou mirando pola fiestra do seu apartamento na Coruña.
Copio a sipnose da serie da páxina da crtvg:
MATALOBOS é o nome dun clan familiar que vive na Sardiñeira, unha vila costeira de Galicia cuxos exteriores están ambientados na cidade da Coruña e na súa área metropolitana. Sardiñeira é un lugar tranquilo, rico en paisaxes, cun clima agradable e que experimentou un gran crecemento demográfico e urbanístico nos últimos anos: deportivos, casas de revista á beira do mar, planadoiras, luxosas festas e unha pistola sempre debaixo do colchón… estarán á orde do día. Porque na vila haberá cinco familias metidas no narcotráfico a grande escala: clans poderosos, pero que tamén teñen inimigos implacables que lles farán fronte: dúas mulleres, unha xuíza e unha avogada irán a por eles.
Para ir a páxina web da serie pincha aquí. Recordovos que a serie comeza esta noite as nove e media.

Imaxe procedente de www.crtgv.es



Comentarios recientes