¿Realmente a AP-9 foi unha navallada na terra?
Xa se cumpliron 30 anos da entrada en servicio do primeiro treito da autopista AP-9 ou autopista do atlántico, fai xa tempo que descubrín en Flocos TV un magnífico documental chamado “Autopista, unha navallada á nosa terra” de Llorenç Soler grabado en 1977 sobre a construcción da autopista, sobre o impacto que provocou na vida das xentes e na ecoloxía das zonas afectadas pola mesma.
Pero eu preguntome, ¿realmente a AP-9 foi unha navallada na terra?.
Eu creo que non, que un país sin infraestructuras non pode sair adiante e que a nosa Galicia necesitaba xa naquela época dunha columna vertebral que unira A Coruña e Vigo, as dúas cidades que tiran e tiraban da economía galega.
Hoxe en día como todos sabedes a maior parte da poboación, das empresas e en definitva da riqueza galega aglutinase en torno a esta vía de peaxe.
O que si me parece a AP-9 é unha navallada para os nosos bolsillos porque non vexo normal que para ir de A Coruña a Vigo gaste máis de peaxes que de combustible. Eu creo que este custo lastrou seguramente algo a economía galega, facendo un pouco menos rentables as empresas que transportan os seus productos por dita vía.
Deixovos o famoso documental que esta moi ben para unha tarde de Domingo como esta:

Sempre se fixo moita demagoxa con isto da navallada a nosa terra e sobretodo para desprestixiar a parte mais nacionalista da nosa sociedade tildandonos de atrasados ou cousas asi(por ser quen apoiaron esta causa xusta).
Claro que ninguen pensa que a autoestrada era unha navallada ou que a xante que protestaba estaba encontra do progreso pero o que si estaba erea encotra do progreso a calquer prezo(que se da moito por estos lares).
Se non fora polas protestas da xente a autoetrada non teria nin a metade dos pasos soterrados e elevados que ten agora deixando incomunicado a veciños entre veciños e coas suas propiedades (que era o pan de esa xente)de feito non vos parece curioso por exemplo que en Cambre ou en Sigueiro os accesos so se poidan facer nunha direccion ou que concellos coma abegondo por onde pasa esa via non teña enlace? Xa que a autoestra no seu tempo se fixo so por rendavilidade economica da empresa en cuestion e non pola sua utilidade social e tratando de minimizar os custos ainda que isto fora encotra da poboacion civil asi coma todo o tocante as expropiacions que foron ridiculas…
Hai que deixarse de demagoxias que esas xentes so loitaban por non ser apabullados por unha concesionaria – estado que lles estaba quitando o seu pan a cambio de nada. Mais que seguir dando bombo a mentira de que a xente estaba encontra do progreso habia que homenaxealos por ser defensores das pobre clase labrega dos 70 e os seus dereitos.
Podes ver que AS NAVALLADAS CONTINUAN en YOUTUBE:
http://www.youtube.com/user/autopistasgalicia
Ademais do estupendo Documental do Ano 1977 que relata a destrucción do medio ambiente, expropiacións abusivas aos lexitimos propietários dunhas terras que foron literalmente ROUBADAS por catro patacóns; pois podes ver o SEGURA que é a AP-9, xestioanda por unha empresa AUDASA (en maos norteamericanas) a cal non lle preocupa o máis mínimo a seguridade dos seus usuarios.
Quen che escreve isto gasta más de 200 euros mensuais na TelePeaxe de Audasa e sofre ademais as consecuéncias dun grave accidente que se poderia ter evitado botando sal, coma se fai en calquer pais de Europa.
http://www.autopistasdelatlanctico.com
o Link é
http://www.autopistasdelatlantico.com