Inicio > A Coruña, Avisos, Eventos > O mércores ás sete da tarde arrinca da praza de María Pita a Marcha Cívica de apoio á Torre de Hércules

O mércores ás sete da tarde arrinca da praza de María Pita a Marcha Cívica de apoio á Torre de Hércules

Lunes, 15 de junio de 2009 admin Dejar un comentario Ir a comentarios

 

 

O primeiro tenente de alcalde, Henrique Tello, lembrou que estamos na recta final despois dun traballo moi longo que iniciou o Instituto de Estudos Torre de Hércules, polo que pediu un esforzo final aos coruñeses de xeito que “podamos compartir este galardón co resto do mundo”. Neste sentido, manifestou que un dos factores que máis ten en conta a Unesco é “o apoio social que ten un monumento entre a sociedade da súa contorna”, polo que “as obras de remodelación e adaptación ao longo destes dous anos non serían suficiente sen o apoio da cidadanía, manifestado polos coruñeses e tamén polos miles de persoas que visitan a Torre cada día”.

Tamén destacou o apoio por parte de institucións públicas, persoais, políticas e sociais, para engadir que “a Torre de Hércules non é patrimonio de ninguén, é patrimonio da Humanidade” e “hai que facer un último esforzo para que esta realidade teña a súa culminación o día 27 de xuño”.

Así, este mércores 16 ás 19.00 horas sairá da praza de María Pita a Marcha Cívica até a Torre de Hércules, organizada polo Instituto Torre de Hércules e o Concello da Coruña. Henrique Tello convidou a toda a cidadanía a participar nesta marcha, e tamén na Festa da Luz que se celebrará o sábado 20, a partir das 19.00 horas, na Torre de Hércules. Será “unha festa coruñesa e galega de toda a vida”, adiantou Tello, na que non faltará a orquestra, a animación e o polbo a feira.

Henrique Tello lembrou que continúa a repartición de bandeiras coa lema “Eu apoio” no punto de información turistica e os distintos centros cívicos e instalacións deportivas da cidade ademais de diversas reparticións na rúa. O primeiro tenente de alcalde volveu pedir a todos os veciños que coloquen estas bandeiras nas xanelas das súas casas en sinal de apoio á candidatura da Torre de Hércules.

 

Vía: Web Concello de A Coruña

 

Comparte este artículo:

  • Print
  • Facebook
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • RSS
  • Twitter
  1. Sin comentarios aún.
  1. Sin trackbacks aún.
Mugardos Funeraria Becerrea