Do martes 11 ao domingo 16 de agosto
As Bibliotecas Municipais da Coruña no seu compromiso coa difusión da banda deseñada galega e có comic en xeral participarán un ano máis no Festival de Cómic da Coruña Viñestas desde o Atlántico 2009 perante unha caseta na Feira e distintas actividades. Esta presencia ven a culminar todalas labores desenvoltas desde o noso blog adicado ao cómic fancomic.es punto de encontro de afecionados, libreiros, bibliotecarios e autores do xénero.
Contidos da caseta
En primer termo a caseta das bibliotecas municipais da Coruña contará cun fondo estructurado en cinco grupos:
- Obras dos autores invitados ou referenciados en Viñetas
- Últimas novidades do cómic
- Obras “imprescindibles” do cómic americano-europeo
- Obras “imprescindibles” de manga
- Selección do fondo Toñito Blanco da Btca. Municipal Fórum Metropolitano.
Ditos fondos estarán a disposición de usuarios de bibliotecas e visitantes da caseta para o seu préstamo temporal de maneira que os non iniciados poderán coñecer a obra dos autores invitados ao festival e tamén unha serie escollida de calidade de numerosos cómics de distintas procedencias.Tamen deseñamos un cómic propio donde contamos a nosas actividades e servizos vencellados ao cómic: colección, o prestamo, o blog fancómic, obradoiros e servizos sms para afeccionados.
Contaremos tamén cunha terminal de ordenador con conexión sen-fíos a Internet que nos permitirá:
- Acceso ao catálogo das bibliotecas municipais da Coruña
- Consultas á web das bibliotecas municipais da Coruña
- Consulta e exhibición do blog fancómic
- Atender demandas de información cidadáns respeto a calquera aspecto relacionado coa cidade.
Concurso en liña
A nosa actividad tamén atópase en internet perante un concurso on-line no que tanto adultos como os máis pequenos ten que responder a un simpático cuestionario sobre persoaxes, historias, gustos, etc. de cómics. Este cuestionario estárá aloxado neste blog. Aqueles que se sintan retados deberán achegarse ao stand das bibliotecas municipais para saber si acertaron as preguntas e, de paso, recoller un pequeño agasallo.
Voluntariado temporal
Tendo en conta a fidelidade de varios xoves usuarios das bibliotecas no eido do cómic (préstamo, participación en obradoiros, seguimento do blog, etc.) pensamos que unha boa maneira de integración neste proxecto sería requerilos como voluntarios para que participen deste evento que é Viñetas.
A Coruña, Actividades, Cultura
biliotecas coruña
Comentarios Recientes