Inicio > General, Vida diaria > ¿Cuáles son los principales problemas que tenemos actualmente?

¿Cuáles son los principales problemas que tenemos actualmente?

Martes, 29 de septiembre de 2009 admin Dejar un comentario Ir a comentarios

 

Se admiten más sugerencias de problemas que vosotros veáis.

 

[poll=34]

 

Comparte este artículo:

  • Print
  • Facebook
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • RSS
  • Twitter
  1. Anxo
    Martes, 29 de septiembre de 2009 a las 16:04 | #1

    Penso que o principal problema na nosa comarca son as comunicacións, temos pendente o seguintes: a chegada da Alta Velocidade, un servicio de trens de cercanías, o Porto Exterior e as comunicacións con él, un Aeroporto pendente de ampliación e de conexión directa por autoestrada ou autovía, o terceiro cinto da cidade, conexión directa ca A-6, a finalización da A-8, etc. todo eso fai que perdamos inversións.

    O paro e importante pero non tanto como reflicten as estatísticas en tempo de crise, sempre hai quen se aproveita da situación e hai por desgraza moitas empresas e traballadores que o están a facer, as empresas empregando traballadores sen dar de alta para reducir costes e estes encantados de cobrar do paro e máis en negro por parte das empresas, debería haber máis control. As axudas dos 420 Eur. a traballadores en paro foi menor da prevista, xa que unha condición era facer un curso e a xente non estaba disposta, ¿por qué?

    O problema da vivenda non é a falta dela, senón os prezos por moito que non queiran baixalos de momento nos lles vai quedar outra, hai unha sobre-oferta que non se axusta a sua demanda.

    A delincuencia e mínima somos a cidades Europea con menor índice de delincuencia.

    Os inmigrantes non son un problema, somos un país de emigrantes e en xeral acollemos ben a xente que agora está na mesma situación na que nos atopábamos nós, non fai moitos anos.

    A economía, temos empresas fortes na nosa comarca, pero non dan máis de sí, Begano, Repsol, Alcoa, Inditex, Santa Barbara, Emesa, Gadisa, o Porto, etc., pero non son suficientes temos que atraer máis industria, que quizáis se poida solucionar cos novos poligonos industriais, en Morás, Vío, Iñás, etc.

    O principal problema é que ningún político, nin ningún partido político se tome as cousas en serio e intente solucionar os problemas que nos afunden pero de momento non nos chegan a afogar.

  1. Sin trackbacks aún.
Mugardos Funeraria Becerrea