¿Realmente a AP-9 foi unha navallada na terra?
Xa se cumpliron 30 anos da entrada en servicio do primeiro treito da autopista AP-9 ou autopista do atlántico, fai xa tempo que descubrín en Flocos TV un magnífico documental chamado “Autopista, unha navallada á nosa terra” de Llorenç Soler grabado en 1977 sobre a construcción da autopista, sobre o impacto que provocou na vida das xentes e na ecoloxía das zonas afectadas pola mesma.
Pero eu preguntome, ¿realmente a AP-9 foi unha navallada na terra?.
Eu creo que non, que un país sin infraestructuras non pode sair adiante e que a nosa Galicia necesitaba xa naquela época dunha columna vertebral que unira A Coruña e Vigo, as dúas cidades que tiran e tiraban da economía galega.
Hoxe en día como todos sabedes a maior parte da poboación, das empresas e en definitva da riqueza galega aglutinase en torno a esta vía de peaxe.
O que si me parece a AP-9 é unha navallada para os nosos bolsillos porque non vexo normal que para ir de A Coruña a Vigo gaste máis de peaxes que de combustible. Eu creo que este custo lastrou seguramente algo a economía galega, facendo un pouco menos rentables as empresas que transportan os seus productos por dita vía.
Deixovos o famoso documental que esta moi ben para unha tarde de Domingo como esta:


Comentarios recientes