Exposición fotográfica dos barrios da Sagrada Familia, Os Mallos e Estación
Dende o 21 de maio a Biblioteca Municipal da Sagrada Familia ofrece unha exposición fotográfica da historia dos barrios da Sagrada Familia, Os Mallos e Estación. Esta exposición fotográfica pretende ser unha reafirmación do propio ser deste barrio, da súa personalidade e da súa historia. Coñecendo e compartindo o seu pasado facémonos cómplices do seu futuro. Oxalá que contribúa a estimular o orgullo por pertencer a este recuncho tan característico da nosa cidade.
Ademais da exposición, os actos programados son:
- Inauguración da exposición fotográfica. 21 de maio ás 19.00 h.
- Mesa redonda: “Os pioneiros do barrio”. 28 de maio ás 19.30 h.
- Charla: “A historia da Coruña e os seus barrios”. 4 de xuño ás 19.00 h.


Comentarios recientes