Gala Cómicos Galegos por Haití - Intermon Oxfam - 14 marzo AS 19:30 no Palacio da Ópera Coruña

Trátase dun acto solidario no que o 100% da recadación irá destinada a Intermon Oxfam. A gala estará presentada por Belen Regueira e pasarán polo escenario as figuras máis destacadas do panorama humorístico galego: Isabel Risco, Danny Boy-Rivera, David Amor, Gari, Marta Lado, Miguel Lago, Oswaldo Digón, Pepo Suevos, Rober Bodegas, Rober de Os Tonechos ou As Cantareiras de Ardebullo.
Estes artistas amosan deste xeito a súa solidariedade coas víctimas do terremoto que devastou o país o pasado mes de xaneiro.
As entradas teñen un prezo de 10 euros e pódense adquirir por anticipado en www.caixanova.es , no teléfono 902 504 500 ou no despacho de billetes da Praza Ourense (Coruña), ademáis do mesmo día no despacho de billetes do palacio da Ópera en Coruña.

Comentarios Recientes